Próximo capítulo : CAPÍTULO 66
Os tempos están cambiando .
Coa chegada do Capitán Ferreiro, Táboas deixa o seu posto na Comandancia coa pena de non ser quen de meter a Carmelo Matalobos na cadea. Pola súa banda, os clans de Sardiñeira seguen a traballar para Aníbal. Pero desta volta non se trata dunha descarga senón dunha perigosa operación que vai deixar malparado a quen menos o espera.